-O inferno dos vivos non é algo por vir; hai un, o que xa existe aquí, o inferno que habitamos tódolos días, que formamos estando xuntos. Hai duas maneiras de non sufrilo. A primeira é doada para moitos; aceptar o inferno e volverse parte del ata o punto de deixar de velo. A segunda é arriscada e esixe atención e aprendizaxe continuos; buscar e saber recoñecer quen e que, no medio do inferno, non é inferno, e facer que dure, e deixarlle espacio.

Italo Calvino. As cidades invisibles

Volverse parte do inferno é tan doado que resulta aburrido. Atopar, de vez en cando, esa luz á que seguir,ou tan sequera observar, para darte conta de que non todo é hipocresia e malicia, pode ser o que faga que todo teña sentido. Buscar a humanidade día a día. Escapar da maldade, ignorala,claro que non podes facer que desaparezca pero, logo se cansa de insistir e deixache a ti ao teu.

¿por qué necesitas una mujerzuela?
necesitas ser torturado, ¿no?
como crees que la vida es una porquería
si alguien te trata como una porquería
todo encaja, ¿no es así?
dime, ¿es así? ¿quieres ser tratado
como una mierda?

Toca el piano borracho.Bukowski

No resistí la tentación de volver a tenerte sin haberte buscado, sin temer perderte, sin querer conservarte.

Porque ao final todo son meras tanxencias que nos traza o tempo, casualidades, coincidencias, pero tanxencias que ocorren por algo, ás veces para gañar hai que comezar perdendo..

Ás veces as cousas veñen tan rápido como se van… É que, ao igual que nos cubatas, depois de todo o vivido e bebido solo queda o xeo, o frio, disfrutade dos tragos mentres dure o cubata ;)

O obxetivo dun fusible é protexer ao aparato que o contén. Un mal menor comparado co dano que suporia que o elemento que o engloba ardera por completo por mor dun exceso de carga, alias fogonazo. Senon fora por algo tan simple como ese fusible un gran mecanismo perdería a súa integridade. O fusible da a súa vida polo dispositivo que o encerra. Os fusibles son baratos.

Pero que pasa cando un gran mecanismo recibe un fogonazo? Cada un de nós somos meros aparatos,
dificiles de entender e sen libro de instruccións, pero non nos diferenciamos tanto, non? Imaxinome que tamen teremos fusibles.
Está ben, se nos ataca un virus ou algo así o noso corpo quence, poñemonos en estado febril e as nosas forzas minguan para combater ese virus.
E cando recibes fogonazos en forma de palabras ou feitos?entón quen vai defender esa parte de ti deses fusiles? quen che gustaria que a defendera? aquí non hai febre, nin inflamacións, o fogonazo atacalle a toda a túa alma e ameaza o máis grande que tes, a empatia con outra alma, fe no humano ou o que sexa iso. Agora que facemos?estamos fodidos, non? non hai menciñas, nin vacinas, solo estás ti contra a ausencia de sutileza, contra toda esa luz que veu de golpe e non puideches evitar, non sabias que estaba tan preto. Botas de menos un limitador de corrente, non? Eso deberias fabricalo durante todo este tempo, porque ter tivechelo, pero é moito mellor deixar de nutrir a alma e esas cousas, non aprender ou evitar que aprenda.

Cal foi a resposta da alma ao fogonazo? Perfecto, bágoas, o mellor invento, caen e van limpando e enfriando todo os restos dese exceso de carga, agora sintes calma. A réplica a toda esa tralla de fusiles foron os fusibles, esparcironse en forma de  maxia salgada polas túas meixelas.

As bágoas tamen son baratas e sinxelas.

Pero eran tan obvios os fusiles, esas palabras, parece incrible que con unha frase podas elexir un camiño ou outro, e que á súa vez che sirva para comprender todas as cousas que ata agora non entendiches. E o mellor de todo, que esa intensa luz viñera porque o necesitabas, porque a persona máis importante da túa vida che abriu os ollos, porque non podes pasarte a vida preguntando cousas dunha pelicula da que non entendiches o principio, porque o máis facil de ver o obviaches e seguiches para diante e agora estás no principio.

As bágoas son os fusibles da alma.

A bondade non fai os sentimentos.

As bágoas tampouco.

E se non sintes non te podes quedar.

Hai cousas que so se poden facer de portas para dentro. Baleirar a alma é unha delas, abrirlle a porta aos sentimentos, botalos fora, como se así doeran menos.

Non queda un minuto para o silencio, un minuto de silencio.

Falamos e falamos sen pensar e pensando que non queres falar pero falas. Non contemplas a veracidade ou a falsidade do que dis.

Algo debes estar facendo mal se sintes que para que o do teu carón sepa qué sintes debes falar. Esquécete diso.  Dalle traballo ao silencio, nunca defrauda, mira o resto e deixa que flúa o que eres, o que sintes, bendita linguaxe da alma.

Comunícate máis e fala menos. Eres moi forte por falar do que sintes dende unha coraza, dende esas corazas que ninguen ve porque ti non mostras ou agochas. Falas moito e non dis nada. Aledariame por ti.

Camiñas e camiñas pola vida como se o tiveras todo e che dera igual perdelo porque o podes seguir tendo todo. Non precisas que ninguen entenda nada por eso prefires non ensinalo.

E así vas pisando charcos, profundos e non tan profundos e dache igual mollar os pes, enfermar por dentro con tal de que o resto vexa o lonxe que chegaches. Como triunfou o teu xogo. Sen duda eres moi forte. Todos te admiran salvo aqueles que sinten compaixón pola xente que é capaz de andar descalza pola vida pero cando se levanta, ao lado da súa cama, en privado, ten unha alfombriña para que os pes non lle pousen directamnte na terra e así non notar o frio chan da realidade.

Dias en que tan so un neno de 11 meses é capaz de manterche a mirada fixa. Un feito tan simple e á vez esquecido. Capaz de xogar con esa mirada, a non mirar e mirar, e de facer que a bondade quede por encima de todo. Parece que ao resto se nos olvidou o bo dese xogo, o bo de que ninguen perda. Un xesto invadido pola paz.

E logo de tantas sombras, dudas e malas ideas aparece esa luz perdida. Iso que nalgún momento te inundara de maxia. E volves a crer. A crer nas miradas ainda que non as vexas. Porque elas estan ahí dende o principio, e tan so por iso merece a pena darlles unha segunda oportunidade. Non por elas, faino por ti.

Elas, o reflexo da alma din.Almas xigantes ás que os corpos se lle quedan moi pequenos.

Facer later corazóns que ficaban inertes.

Compartir o calor dun bico, ou de dous.

Disfrutar do silencio entre miradas.

Rompelo con bicos.

Bicos que piden máis bicos.

Traspasar enerxia en forma de abrazos.

Deleitarse con bicos recorrendo corpos como se todo comezara e acabara nese momento.

Linguas que destinxen peles.

Pupilas contra pupila.

Perder miradas.

Non digas que é bonito.

Comprender que hai algo máis.

Almas en paz. Como se todo fora suficiente.

Miradas que reposan no interior.

Adornar o momento sería dalo por perdido.

Aprender que sempre hai algo máis que coñecer.

Querer máis e conformarse con menos.

Manterse exultante ante as gratas compañias.

Sentir anhelo por rodearse de xente boa. Bondade como instinto primario. Natureza.

Decir que é bonito é deixar todo isto á altura da normalidade. A normalidade é relativa, ambigüa.
Estas cousas non pasan todolos dias.

Máxico e tremendo.

..si estamos obligados a convivir, hagámoslo bien..

Así que o que non chora non mama, ben, ¿de verdade o cres?.

Nesta vida chorando non se soluciona nada, solo intentas aplazar unha situación, non podes manter algo con bágoas. A base de bágoas medramos, aprendemos, pero usalas para conseguir algo…¿?, pareceme feo.

Quito deste caso a un bebé, eles choran paran conseguir cousas, é a unica forma que teñen de comunicarse.

Aclarado esto, digo, ti non eres un bebé, mírate.

Podes pasar a vida chorando para mamar, pero é tan triste, aínda que logres algo chorando, nunca o valoras. Por que? Simple, porque sempre conseguiches as cousas así. Non ten mérito. O mérito está nos méritos propios.

O peor é que choras para ter o que xa tes. Pero non miras darredor de ti. Tes moito máis que a maioría do planeta. Si…choremos para ver se así temos máis,non?. Que cousa tan absurda.  Non chores, non fagas sentir ao resto como se tiveran unha deuda contigo. Que ninguen pense que esa actitude é boa, incluso podes facer sentir que o resto da xente é unha egoísta. Dame tanta pena.

Comportamentos inútiles.

Non sei por que as derramas, pola situación? Sentate ahí e sigue chorando, así non cambiarás as cousas, se ti non fas nada ninguen o fará por ti. Quedate mirando aos que estan peor que ti e fan algo por mellorar.

Se as bágoas teñen poder, enton ti tes poder.

Ás veces, a ultima gota que colma o vaso é unha bágoa. Non deixes que iso sexa así.

Cando a usas.

Next Page »