A corazón aberto


Camiñaba como se nada lle importara, a simple vista tranquila, moralmente nerviosa, angustiada. A cada pouco parabase e miraba atrás, como se alguen a seguira, pero non habia nada detrás dela.

- Escapas de algo? Ou estas desexando que algo te atope? A que ven esa inquietude?

Non escapaba de nada, ou polo menos non sentia como se huira, simplemente non quería que o pasado a acaparara.

- Cómo? Pero non o deixaches atado antes de volver a andar?

- Non, esquencinme deso, maldigo agora cada momento que o quixen intentar e solo pensaba en botarme a andar.

- E a onde querías chegar? Tes algún destino?

- Non, só precisaba camiñar

- Para camiñar con esa angustia é mellor pararse, atar o que non queres que te persiga e avanzar tranquilamente.

- Eso estaría moi ben, pero é imposible disociar o que te persigue do que eres.

A ela daballe igual ata onde chegara, nin tan sequera quería chegar, quería bicar o seu pasado, acaricialo, así agora non lle doería tanto. Pensaba que o tempo se medía en bicos e olvidouse dos segundos, dos minutos e dos días. A lentitude dos besos non fai que o tempo corra lento, sigue correndo, ás veces na tua contra ás veces ao teu favor.

-O inferno dos vivos non é algo por vir; hai un, o que xa existe aquí, o inferno que habitamos tódolos días, que formamos estando xuntos. Hai duas maneiras de non sufrilo. A primeira é doada para moitos; aceptar o inferno e volverse parte del ata o punto de deixar de velo. A segunda é arriscada e esixe atención e aprendizaxe continuos; buscar e saber recoñecer quen e que, no medio do inferno, non é inferno, e facer que dure, e deixarlle espacio.

Italo Calvino. As cidades invisibles

Volverse parte do inferno é tan doado que resulta aburrido. Atopar, de vez en cando, esa luz á que seguir,ou tan sequera observar, para darte conta de que non todo é hipocresia e malicia, pode ser o que faga que todo teña sentido. Buscar a humanidade día a día. Escapar da maldade, ignorala,claro que non podes facer que desaparezca pero, logo se cansa de insistir e deixache a ti ao teu.

No resistí la tentación de volver a tenerte sin haberte buscado, sin temer perderte, sin querer conservarte.

Porque ao final todo son meras tanxencias que nos traza o tempo, casualidades, coincidencias, pero tanxencias que ocorren por algo, ás veces para gañar hai que comezar perdendo..

Ás veces as cousas veñen tan rápido como se van… É que, ao igual que nos cubatas, depois de todo o vivido e bebido solo queda o xeo, o frio, disfrutade dos tragos mentres dure o cubata ;)

O obxetivo dun fusible é protexer ao aparato que o contén. Un mal menor comparado co dano que suporia que o elemento que o engloba ardera por completo por mor dun exceso de carga, alias fogonazo. Senon fora por algo tan simple como ese fusible un gran mecanismo perdería a súa integridade. O fusible da a súa vida polo dispositivo que o encerra. Os fusibles son baratos.

Pero que pasa cando un gran mecanismo recibe un fogonazo? Cada un de nós somos meros aparatos,
dificiles de entender e sen libro de instruccións, pero non nos diferenciamos tanto, non? Imaxinome que tamen teremos fusibles.
Está ben, se nos ataca un virus ou algo así o noso corpo quence, poñemonos en estado febril e as nosas forzas minguan para combater ese virus.
E cando recibes fogonazos en forma de palabras ou feitos?entón quen vai defender esa parte de ti deses fusiles? quen che gustaria que a defendera? aquí non hai febre, nin inflamacións, o fogonazo atacalle a toda a túa alma e ameaza o máis grande que tes, a empatia con outra alma, fe no humano ou o que sexa iso. Agora que facemos?estamos fodidos, non? non hai menciñas, nin vacinas, solo estás ti contra a ausencia de sutileza, contra toda esa luz que veu de golpe e non puideches evitar, non sabias que estaba tan preto. Botas de menos un limitador de corrente, non? Eso deberias fabricalo durante todo este tempo, porque ter tivechelo, pero é moito mellor deixar de nutrir a alma e esas cousas, non aprender ou evitar que aprenda.

Cal foi a resposta da alma ao fogonazo? Perfecto, bágoas, o mellor invento, caen e van limpando e enfriando todo os restos dese exceso de carga, agora sintes calma. A réplica a toda esa tralla de fusiles foron os fusibles, esparcironse en forma de  maxia salgada polas túas meixelas.

As bágoas tamen son baratas e sinxelas.

Pero eran tan obvios os fusiles, esas palabras, parece incrible que con unha frase podas elexir un camiño ou outro, e que á súa vez che sirva para comprender todas as cousas que ata agora non entendiches. E o mellor de todo, que esa intensa luz viñera porque o necesitabas, porque a persona máis importante da túa vida che abriu os ollos, porque non podes pasarte a vida preguntando cousas dunha pelicula da que non entendiches o principio, porque o máis facil de ver o obviaches e seguiches para diante e agora estás no principio.

As bágoas son os fusibles da alma.

A bondade non fai os sentimentos.

As bágoas tampouco.

E se non sintes non te podes quedar.

Facer later corazóns que ficaban inertes.

Compartir o calor dun bico, ou de dous.

Disfrutar do silencio entre miradas.

Rompelo con bicos.

Bicos que piden máis bicos.

Traspasar enerxia en forma de abrazos.

Deleitarse con bicos recorrendo corpos como se todo comezara e acabara nese momento.

Linguas que destinxen peles.

Pupilas contra pupila.

Perder miradas.

Non digas que é bonito.

Comprender que hai algo máis.

Almas en paz. Como se todo fora suficiente.

Miradas que reposan no interior.

Adornar o momento sería dalo por perdido.

Aprender que sempre hai algo máis que coñecer.

Querer máis e conformarse con menos.

Manterse exultante ante as gratas compañias.

Sentir anhelo por rodearse de xente boa. Bondade como instinto primario. Natureza.

Decir que é bonito é deixar todo isto á altura da normalidade. A normalidade é relativa, ambigüa.
Estas cousas non pasan todolos dias.

Máxico e tremendo.

-¿Sabes lo que es la soledad?

-Sé lo que es.

-Pero no sabes qué es la soledad cuando se tiene la posibilidad de estar con todo el mundo, cuando se recibe todas las noches una invitación para una fiesta, un cóctel, un estreno de teatro. Cuano el teléfono no deja de sonar, y son mujeres a las que les encanta tu trabajo, que dicen que les gustaría mucho cenar contigo, son hermosas, inteligentes, educadas. Y algo te empuja lejos y te dice : no vayas. No te vas a divertir. Una vez más pasarás la noche entera intentando impresionarlas, gastarás tu energía demostrándote a ti mismo que eres capaz de seducir al mundo. Entonces me quedo en casa, entro en mi estudio, busco la luz que vi en ti, y sólo consigo verla mientras trabajo.

Ésa es la verdadera experiencia de la libertad : tener lo más importante del mundo sin poseerlo.

Once minutos.

Paulo Coelho.

Totalmente encantada. Non hai moito máis que decir ao respecto e sobra calquer explicación.

Son tan só formas de madurar ideas.

Falas do medo como se fora algo normal, igual o é.

Tal vez o que para ti é un medo para o resto é unha forma de vida, algo co que se vive.

O medo é relativo. Todo é relativo. Todo cambia, aínda que o queiras evitar.

Teslle medo ao outono e el nada che fixo.

E non podes pasar a vida enteira con medo porque eso non é vivir, esperando o momento en que os medos se fagan realidade, sirveu de algo? Acojonate cando sexa necesario, pero camiña, non te pares a esperar, vai detras do que te asusta e afrontao. Non será unha boa idea, pero tampouco tes outra.

Calquera cousa antes de quedarse agardando. Confiar no destino é asqueroso, o destino creamolo día a día. Casualidades existen, pero tamen existe a posibilidade de crear o momento, de manipulalo como se foses un artesán. Xogar con el ao teu antollo e dominalo para conseguir dese momento as mellores sensacións.

Aquí todo é moi doado, hoxe todo é moi doado. Non penses, nunca sirveu para nada no arte de crear momentos, máis ben sempre foi o principio do fin de cada situación que quixo ser momento.

Todo iso é.

¿y si pudieras volver atrás en el tiempo no cogerías todas las horas de dolor y tristeza y las cambiarías por… por algo mejor?

E todas esas horas en realidade serven para pensar e para seguir indo no tren e disfrutando a paisaxe, pero sen querer baixarse por medo a que o que ves dende o tren non sexa o mesmo que en realidade hai. Non estaría mal ter un bono para cambiar as “malas” horas por horas que nos fagan disfrutar de verdade, alternar entre ir no tren disfrutando e parando de vez en cando para estirar as pernas e que todo siga igual, tanto fora como dentro. Ou desaparecer só ou con esas cinco personas que ao final se quedaran en dedos dunha man para acabarte evadindo do bo e do malo e sobre todo do medo …

“Este bonito mundo nuestro no resulta un hogar
para quien ama la música en vez del ruido,
para quien prefiere el alma al dinero,
para el que busca auténtico trabajo en lugar del ajetreo,
para quienes exigen una verdadera pasión y no jugueteos..”

Hermann Hesse 1927.

E pouco que decir ante tan grandes palabras, hai xente que vai máis alá, que non se queda no vanal e superficial das apariencias, que ve ese chisco de luz que pode transmitir unha mirada. E non solo é o que ve e intúe, senon que te fai sentir ben por tan solo darse conta de algo que nin tan sequera eras capaz de ver. Como abrir os ollos cando os tiñas pechados porque pensabas que habia oscuridade, e de súpeto, boom! habia luz, e ainda que no momento te vexas fascinado e pode que ata asustado por tanta luz, decides non pechalos, porque na oscuridade non se podia quitar nada en claro (jaja). Ese tipo de xente merece a pena unha e outra vez.  E sorrís porque cos ollos abertos todo é máis sinxelo, ainda que te empeñes en complicalo.

Vade máis alá, porque o superficial tende a desaparecer.

Y no es que fuera odioso y detestado y antipático a los demás. Al contrario, tenía muchos amigos. Muchos lo querían bien. Pero siempre era unicamente simpatía y amabilidad lo que encontraba; lo invitaban, le hacían regalos, le escribian bonitas cartas, pero nadie se le aproximaba espiritualmente, por ninguna parte surgía compenetración con nadie, y nadie estaba dispuesto ni era capaz de compartir su vida.

Hermann Hesse.

Quen non se sinteu algunha vez un lobo estepario? o peor debe ser acostumarse a iso, acomodarse, e, tal vez, crer que ser un lobo estepario non debe estar tan mal, non “debes” nada, non “fallas” e non esperas nada de ninguen.

Outras veces pensas que simplemente é un asco esa forma de comportarse, pero xa non sabes o que eras antes de ser así, ou en que momento cambiou todo.

¿Cómo? ¿Los sentimientos son un lio?
creo que soy más coherente cuando me contradigo,
a menudo me he sentido solo,
pero otras veces me siento exultante por la gente de mi entorno

Next Page »