Vai un morrendo e vai aprendendo..


Dias en que tan so un neno de 11 meses é capaz de manterche a mirada fixa. Un feito tan simple e á vez esquecido. Capaz de xogar con esa mirada, a non mirar e mirar, e de facer que a bondade quede por encima de todo. Parece que ao resto se nos olvidou o bo dese xogo, o bo de que ninguen perda. Un xesto invadido pola paz.

E logo de tantas sombras, dudas e malas ideas aparece esa luz perdida. Iso que nalgún momento te inundara de maxia. E volves a crer. A crer nas miradas ainda que non as vexas. Porque elas estan ahí dende o principio, e tan so por iso merece a pena darlles unha segunda oportunidade. Non por elas, faino por ti.

Elas, o reflexo da alma din.Almas xigantes ás que os corpos se lle quedan moi pequenos.

Así que o que non chora non mama, ben, ¿de verdade o cres?.

Nesta vida chorando non se soluciona nada, solo intentas aplazar unha situación, non podes manter algo con bágoas. A base de bágoas medramos, aprendemos, pero usalas para conseguir algo…¿?, pareceme feo.

Quito deste caso a un bebé, eles choran paran conseguir cousas, é a unica forma que teñen de comunicarse.

Aclarado esto, digo, ti non eres un bebé, mírate.

Podes pasar a vida chorando para mamar, pero é tan triste, aínda que logres algo chorando, nunca o valoras. Por que? Simple, porque sempre conseguiches as cousas así. Non ten mérito. O mérito está nos méritos propios.

O peor é que choras para ter o que xa tes. Pero non miras darredor de ti. Tes moito máis que a maioría do planeta. Si…choremos para ver se así temos máis,non?. Que cousa tan absurda.  Non chores, non fagas sentir ao resto como se tiveran unha deuda contigo. Que ninguen pense que esa actitude é boa, incluso podes facer sentir que o resto da xente é unha egoísta. Dame tanta pena.

Comportamentos inútiles.

Non sei por que as derramas, pola situación? Sentate ahí e sigue chorando, así non cambiarás as cousas, se ti non fas nada ninguen o fará por ti. Quedate mirando aos que estan peor que ti e fan algo por mellorar.

Se as bágoas teñen poder, enton ti tes poder.

Ás veces, a ultima gota que colma o vaso é unha bágoa. Non deixes que iso sexa así.

Recursos humanos deshumanizados.

Quedache algo do que se supon que todos debemos ter?

É que xa ninguen se altera, a empatia xa non te perturba.

Cando perdes a fe no humano, estas perdido.
E o problema non é encontrar a fe, se se perdeu foi por algo, somentes é pola necesidade de tela e os feitos que che levaron a perdela.
Algo intrínseco, iso é.

Ten que haber algo deso dentro de ti. O erro esta en crer nas persoas especiais. Xa non queda deso. Todo o mundo está cegado e non ten tempo nin a darse conta de que perdeu todo o humano, non lles queda tempo para atopalo. Non se paran a buscalo.

Non te paras a mirar en ti, sopoño que por medo, e mentras tanto miras con cara rara a quen sigue crendo na bondade. Dominate a crueldade. Rompendo soños e dando exemplos para pasarse ao bando do atroz, sinteste ben.

Asistimos impasivos á deshumanización do humano.Define humano, ou redefineo, mellor así.
Increible, pero a humanidade nesta especie so queda na inocencia dun neno ou na calma dun ancián. “Zonas donde manda el instinto…”

Seguide poñendo esa cara,si. Chamadelle inxenuo a quen goza duns ollos nos que ver reflexar a bondade en estado puro.

O “bo” de ir perdendo a fe na xente e que valoras máis a pouca que che queda.

“Si vas a intentarlo, ve hasta el final.
De otro modo, no empieces siquiera.

Si vas a intentarlo, ve hasta el final.
Tal vez suponga perder novias, esposas,
parientes, empleos y quizá la cabeza.

Ve hasta el final.
Tal vez suponga no comer durante 3 o
4 días.
Tal vez suponga helarte en el
banco de un parque.
Tal vez supongo la cárcel,
Tal vez suponga mofas, desdén,
aislamiento.

El aislamiento es la ventaja,
todo lo demás es un modo de poner a prueba tu
resistencia, tus auténticas ganas de
hacerlo.

Y lo harás a pesar del rechazo y las
ínfimas probabilidades
y será mejor que cualquier otra cosa
que puedas imaginar.

Si vas a intentarlo ve hasta el final.
No hay sensación parecida.

Estarás a solas con los
dioses y las noches arderán en
llamas.

Hazlo, hazlo, hazlo.

Hazlo.

Hasta el final.
Hasta el final.

Llevarás las riendas de la vida hasta
la risa perfecta, es la única lucha digna
que hay.”

Bukowski

Toda a forza e tranquilidade nun poema, sempre ata o final, quedarse no camiño é moi doado, dar a volta ainda máis, deixar de crer en ti no fondo é rendirse, a toalla non fai máis que caerse (tirarse ou tirada), pero solo depende de ti, dos teus reflexos, collela antes de que toque o chan, non é doado, pero ninguen dixo que manter o ritmo fora doado. Chega ata o final ainda que fracases, algunhas veces valoro a quen é capaz de decir ata aquí cheguei, porque eu nunca fun capaz de tomar esa gran decisión, manterse non sei nin se será bo, pero se puideches chegar ata o final ainda que fracasaras, mereceu a pena, polo menos podes contar o final da peli, alegrate por eso. Tempo? todo o mundo o precisa, pouca xente o valora, e a min dame igual, quero decir, que se eres capaz de aprender algo de todo o que vivas non será tempo mal invertido, o tempo corre e querenos facer a nos correr con el. Monta nun tren e disfruta da paisaxe, claro que o tren corre, pero sempre é mellor disfrutar da paisaxe que che brinda esa viaxe que da rapidez do tren, ao fin e ao cabo as tuas retinas non memorizan a velocidade, simplemente é unha sensación.

Pensa en ti e vai ata o final, se fracasas sempre haberá alguen que seguirá crendo en ti con maior ou menor intensidade, e se o logras, todo o mundo se alegrará por ti, afortunadamente o mundo está cheo de aduladores aos que en realidade lles da igual pero queren que penses que non, no fracaso? no fracaso esa xente subirase a ti para ser máis grande. Son cousas que pasan.

Grande Bukowski.

Debe ser moi grande vencer ao muro que che impedía seguir, máis que vencelo, saltalo, o muro espera ahí para cando ti deas a volta e así aprendas que se o volves saltar volverás ás mesmas.

Se o muro é alto sen dúbida o teu salto foi máis alto, moito tempo entrenando para saltar, moitos golpes contra o muro, moitos “querer e non poder”.

Pero hoxe sí, hoxe é un día que o venciches, que por fin recoñeciches que vives atado a recordos, atado a momentos, e aínda con eses momentos ás costas queres saltar o muro, e saltachelo, agora queda o muro máis grande, pero para ese ainda queda algo por andar.

Non botas de menos a unha persona ou personaxe, botas de menos aos momentos vividos.

Ás veces é mellor non ter memoria ou usala para outra cousa. Ou ter a posibilidade de facer un dispose e que todo fora como se nunca fora nada.

Nun triste día falei con meu pai e pregunteille “porque choran se se supon que o que se vai estará nalgun lugar mellor?”, meu pai miroume con cara de “vaia conversa metafisica” e contestou rotundo : ” Porque a xente é egoista , e chora polos recordos e por non poder crear máis momentos xunto a esa persona”

Recoñeceo, eres unha egoista e isto é unha pixada (jaja) comparado co contexto da conversa con meu pai, pero en parte é o mesmo, e gustariache desatarte dos recordos, pero eso é imposible, polo menos xa saltaches un muro dos moitos que quedan, por algo se empeza.

Parece que relevamos ás personas a un segundo plano… non sei ata que punto isto nos levará a algo…

Seguide fabricando momentos que logo ao recordalos vos fagan entristecer, iso é o bonito.

A xente segue a ser idiota ainda que xa non crea nas relacions sentimentais.

A idiotez debe ser un estado perenne, ou algo así.

Deixadevos de contos. E non vos arrepintades de nada, gracias. Non seredes máis felices, pero polo menos non lle quentaredes a cabeza ao resto.

Chegade ao final como quen chega a un camiño cortado por obras. Unha autovia a medio facer.

E enton teredes que dar a volta, pero saberedes onde esta o final. É mellor iso que vivir coa duda. Non cometades a estupidez de caer no precipicio coas vosas dudas e deudas e todo o que vos levou a percorrer unha autovia que sabes que está en obras.

E ao final seguimos querendo aquelo que se nos di que non merecemos.

aborrecenos todo o que merecemos,

somos idiotas,

a metade dos “sufrimentos” que temos son debidos a esa cabezonería,

a mesma que nos fai tropezar unha e outra vez no erro.

Pódese decir que eses sufrimentos merecemelos, e polo tanto non os queremos,

non facemos nada por evitalos, o cambio comeza nun mesmo.

E como humana que son, irei unha e outra vez no meu erro, para non dar moito o cante…

nesto que chamamos vida…

Qué máis da que non merezamos ese momento?a quen c*ño lle importa?

Queremos o momento. E pensamos que podemos provocar o momento.

Vaia panda de impacientes e papahostias!!

Un día dixeno, e sigoo mantendo, “unha cousa é o que queremos e outra moi distinta o que merecemos, sei o que merezo pero o que quero non se corresponde”

Xa o dixo o gran petter griffin:

“los sentimientos son tontos y hay que odiarlos”

Algún día me terá que vir o sentido, logo de 21 anos ainda andamos con estas…en fin.

Que doado resulta querer a alguen cando o merece, quen di querer neste contexto, di apreciar ou ter unha actitude amable cara el. Sopoño que parecerá lóxico e decir o contrario sería unha toleada.

E se quixeramos ás personas que non o merecen? Que pasaría? sopoño que o equilibrio universal estaría en perigo ou algo así!jajaja!

Xa o puxen unha vez por aquí, ás veces debemos querer a aquelas personas que menos o merecen. Sinxelamente, a min non me aporta nada que alguen me queira cando eu estou moi ben, ou cando a vida me sorrí e os planetas estan aliñados (con moito aceite e sal), serve para algo? servirá para que eu non vaia cara abaixo, pero polo resto… psss. En cambio, pode haber algo máis reconfortante que ter unha persona que che diga “quérote” cando todo che parece que carece de sentido?
Como digo eu sempre “para as boas está todo o mundo, nas malas demostrase o que cada un vale”, pois iso, aprender a distinguir a xente que tan so necesita un pouquiño de comprensión e algo de empatía, estamos desperdiciando “quérotes” usandoos con quen non os necesita tanto.

Non sei que tipo de castigo é negarlle o “amor” a quen fixo algo malo e regalarllo a quen fai todo ben, porque na prosperidade veñen todos os amigos, tal vez o premio a quen estivo ahí sempre non sexa decirlle todo o que o queres todos os días, senon demostrarllo cando a maioría da xente mantén que o que o merece é quedar a un lado….

Son unha ilusa que pensa que toda a xente ten un lado bo, pero a día de hoxe iso deume máis alegrías que decepcións.

Esto foi unha entrada sen xeito, pero bueno, ahí queda!

Las palabras son como las hojas; cuando abundan, poco fruto hay entre ellas.

Donde están as palabras necesarias cando as botas de menos?

Hoxe en día usamos as palabras sen entender o que queren decir, porque “quedan bonitas” e sen embargo cando alguen necesita unha palabra de alento, quedamos mudos.

Botas de menos hoxe palabras que un día botaches de máis. Aquelas que a ti che pareceron insuficientes ou demasiado insulsas, e agora matarias por unha verba da persona oportuna.

Din que o sindrome do fin do mundo é decir perdon, gracias e quérote demasiado tarde. Cando nos achegamos ao precipio solo nos sae decir iso, cando o teu corazon xa non aguanta máis e a tua cabeza non lle sabe dar explicación a certas cousas daste conta que se puideras, collerias todas esas gracias, perdons e quérotes e meterialos nunha caixa. Esa caixa eu so a abriría en caso de emerxencia. E egoistamente quitar o contido da caixa cando necesitara del e darme conta de toda esa xente que me pideu perdon, me deu as gracias e me quixo.

Pero, por desgracias TODAS as palabras as leva o vento, como dixen anteriormente, poden quedar eternamente e retumbar na tua cabeza, pero de que che servirá? vaste alimentar deso? solo “quedaba bonito” no momento, pero foi un querote insulso, un perdon sen argumento e unhas gracias por educación.

Tamén hai unha frase que dí: Quereme cando menos o mereza, porque será cando máis o necesite.

Next Page »