Sab 21 Nov 2009
Not cry, not suck!
Posted by Aru under CitaCións, Vai un morrendo e vai aprendendo..
Así que o que non chora non mama, ben, ¿de verdade o cres?.
Nesta vida chorando non se soluciona nada, solo intentas aplazar unha situación, non podes manter algo con bágoas. A base de bágoas medramos, aprendemos, pero usalas para conseguir algo…¿?, pareceme feo.
Quito deste caso a un bebé, eles choran paran conseguir cousas, é a unica forma que teñen de comunicarse.
Aclarado esto, digo, ti non eres un bebé, mírate.
Podes pasar a vida chorando para mamar, pero é tan triste, aínda que logres algo chorando, nunca o valoras. Por que? Simple, porque sempre conseguiches as cousas así. Non ten mérito. O mérito está nos méritos propios.
O peor é que choras para ter o que xa tes. Pero non miras darredor de ti. Tes moito máis que a maioría do planeta. Si…choremos para ver se así temos máis,non?. Que cousa tan absurda. Non chores, non fagas sentir ao resto como se tiveran unha deuda contigo. Que ninguen pense que esa actitude é boa, incluso podes facer sentir que o resto da xente é unha egoísta. Dame tanta pena.
Comportamentos inútiles.
Non sei por que as derramas, pola situación? Sentate ahí e sigue chorando, así non cambiarás as cousas, se ti non fas nada ninguen o fará por ti. Quedate mirando aos que estan peor que ti e fan algo por mellorar.
Se as bágoas teñen poder, enton ti tes poder.
Ás veces, a ultima gota que colma o vaso é unha bágoa. Non deixes que iso sexa así.