Mie 13 Ene 2010
Fusibles e fusiles
Posted by Aru under A corazón aberto
O obxetivo dun fusible é protexer ao aparato que o contén. Un mal menor comparado co dano que suporia que o elemento que o engloba ardera por completo por mor dun exceso de carga, alias fogonazo. Senon fora por algo tan simple como ese fusible un gran mecanismo perdería a súa integridade. O fusible da a súa vida polo dispositivo que o encerra. Os fusibles son baratos.
Pero que pasa cando un gran mecanismo recibe un fogonazo? Cada un de nós somos meros aparatos,
dificiles de entender e sen libro de instruccións, pero non nos diferenciamos tanto, non? Imaxinome que tamen teremos fusibles.
Está ben, se nos ataca un virus ou algo así o noso corpo quence, poñemonos en estado febril e as nosas forzas minguan para combater ese virus.
E cando recibes fogonazos en forma de palabras ou feitos?entón quen vai defender esa parte de ti deses fusiles? quen che gustaria que a defendera? aquí non hai febre, nin inflamacións, o fogonazo atacalle a toda a túa alma e ameaza o máis grande que tes, a empatia con outra alma, fe no humano ou o que sexa iso. Agora que facemos?estamos fodidos, non? non hai menciñas, nin vacinas, solo estás ti contra a ausencia de sutileza, contra toda esa luz que veu de golpe e non puideches evitar, non sabias que estaba tan preto. Botas de menos un limitador de corrente, non? Eso deberias fabricalo durante todo este tempo, porque ter tivechelo, pero é moito mellor deixar de nutrir a alma e esas cousas, non aprender ou evitar que aprenda.
Cal foi a resposta da alma ao fogonazo? Perfecto, bágoas, o mellor invento, caen e van limpando e enfriando todo os restos dese exceso de carga, agora sintes calma. A réplica a toda esa tralla de fusiles foron os fusibles, esparcironse en forma de maxia salgada polas túas meixelas.
As bágoas tamen son baratas e sinxelas.
Pero eran tan obvios os fusiles, esas palabras, parece incrible que con unha frase podas elexir un camiño ou outro, e que á súa vez che sirva para comprender todas as cousas que ata agora non entendiches. E o mellor de todo, que esa intensa luz viñera porque o necesitabas, porque a persona máis importante da túa vida che abriu os ollos, porque non podes pasarte a vida preguntando cousas dunha pelicula da que non entendiches o principio, porque o máis facil de ver o obviaches e seguiches para diante e agora estás no principio.
As bágoas son os fusibles da alma.
A bondade non fai os sentimentos.
As bágoas tampouco.
E se non sintes non te podes quedar.