Xuco escribió:Diz escribió:"Kernel Panic" ya está cogido por otra, por cierto.
Yo estoy colaborando con esa, con algún artículo. Pero se ha decidido posponer el primer número hasta el curso que viene, por problemas de logística. Por colaborar con otra tampoco tengo problema. El mismo artículo mensual para las dos y listo, xD.
Dicir que por este comentario que fixen, me están quentando as orellas (máis ben a vista) por tódolos lados e que xa me estou anoxando. Nada máis recuperar a conexión á Internet chéganme reprimendas polo messenger de dúas persoas distintas, unha de cada revista/grupo/asociación/oquesexa.
Pois para que isto non siga pasando (xa que non estou de humor) vou deixar as cousas ben claras, para zanxa-lo tema dende un principio.
Ofrecinme a colaborar nas dúas revistas mensualmente co mesmo artigo. Isto fágoo, primeiro, porque as dúas revistas van dirixidas ó mesmo público e (aínda que hai xente que o dubida) cos mesmos ou moi parecidos propósitos e, segundo, porque non teño nin tempo nin ganas de matarme a escribir máis artigos en tan pouco tempo. Lembrarvos que os artigos que escribo versan sobre novas distribucións ou novas versións das mesmas; as cales teño que instalar/cargar e probar concienzudamente antes de facer os artigos, obviamente para poder dar unha opinión ben fundada e para non mete-la zoca. Penso que probar 9 ou 10 distribucións durante un ano universitario e máis facéndoo unha soa persoa e por amor á arte non está nada mal. A finalidade do meu traballo non é publicar por publicar e probar distros coma un tolo, senón, por unha banda, abrirlle-los ollos á xente que pensa que nisto das distribucións GNU/Linux hai que ser coma nas relixións monoteístas; cada unha ten os seus pros e as súas contras e cantas máis saibas manexar, máis beneficios obterás e, por outra banda, servir de axuda ós novatos no mundo GNU/Linux da FIC á hora de decantarse por unha, por outra, por varias ou por ningunha.
No tocante á publicación en si dos artigos e antes de que as respectivas directivas editoriais comecedes a tirarvo-los trastos á cabeza (aínda que creo que xa chego tarde, xD) facede con eles o que queirades. Eu, mensualmente enviarei o artigo ás dúas. Podedes publicalos ou non publicalos. Estades no voso dereito. Agora que eu tamén estou no meu de dicir que non sigo escribindo para unha, para outra ou para ámbalas dúas, se vexo que traballo en balde. No caso extremo de que isto sucedese, sempre poderedes seguilos no me blog, porque ahí aparecerán publicados seguramente cuns días de adianto ás revistas.
Penso que non me deixo nada no tinteiro. Se me esquecín de algo xa sabedes o que tedes que facer.
Asdo.:
Xuco,
boa persoa si, parvo non.