galiza escribió:Mi madriña, non o podo crer , o 20 de Setembro empezar,pero como?
Acábome de enterar e non o logro asimilar, que pasa se o 15 inda ai examen.No esto non pode ser, pero esta xente en quen
pensa,que pasa cos que somos de lonxe , tampouco estón disposta a perder x días de clase, porque entre outras cousas
eles cobran de cara... a matrícula.E seguro que van empezar cos grupos de prácticas, que se anotarse, que como van ser as asignaturas, que como avalían, vamos que faltas os primeiros días e despois estás que non sabes nin por onde andas nin o que vas coller nin nada, Bueno unha verguenza.E supoño que tal cual están as cousas este ano xa nin decembro teremos, porque visto o visto bueno e supoño que pronto quitaran setembro porque pareceme que o que non queren e ter que traballar, vaia morro que non teñen, non ai dereito.
En fin que somos o cero máis a esquerda que se poda imaxinar o mundo.
Para este ano que comeza si teremos tamén a convocatoria de decembro, ainda que penso que so aguantaran este ano sen adiantarnos setembro a xullo seguramente para o ano que ven xa nolo cambian a xullo. Polo demais estou totalmente dacordo, o feito de empezar o 20 non trae mais que problemas e ter que asistir a clases de asignaturas se non sabes se aprobas ou para os de fora pagar un mes enteiro para estar dúas semanas é unha auténtica aberración. E a min persoalmente o que me cabrea de verdade é que houbera unha xunta na que supostamente se quedara en que para este ano non comezábamos cos do grao e logo así de súpeto din que si e eu penso que iso é unha falta de respeto aos alumnos. Pero o peor é que nos acurtan o tempo de realización de exames, ísto é o peor de todo.
Eu penso que deberíamos movilizarnos como sexa, para que nos teñan máis en consideración, porque non é de recibo que se fagan as cousas desta maneira.