Aproveito que estou aburrido para falar das optativas que collín este ano e o ano pasado
POO: É da que máis se falou aquí e non podo dicir nada que non se dixera antes. Persoalmente gustoume e foi onde aprendín a programar en Java realmente (en MP non vimos generics nin patróns nin...) pero é certo que da bastante traballo. Ademais o robocode foi divertido
ACS (Arquitectura Cliente/Servidor): Creo que é bastante recomendable, pero despois de facer redes. Eu collina en 2º e para face-la práctica vinme apurado. Vese bastante o que sería a informatica en entornos de negocios ou empresas grandes. O tipo que a da (Sebastian Bahamonde) traballa no Banco Pastor (creo) e conta o que ten e tivo que facer traballando alí. As clases de teoría ás veces fanse algo pesadas e creo que son obligatorias. A práctica do meu ano e do anterior foi implementar unha rede de caixeiros cun consorcio central, aprendín bastante pero sen a base de redes foi algo dura

GC (Gráficos en Computación): Tamén se falou bastante dela. Esperábame outra cousa, as clases son aburridas e o traballo un coñazo, pero as prácticas están bastante ben.
TS (Técnicas de Simulación): Vai de simular circuitos, como TC pero nun programa. Na segunda parte da asinatura vese VHDL, que é unha linguaxe de descrición de circuitos dixitais, para programar FPGAs e tal (xa non me acordo moi ben, pode que este dicindo tonterías jeje). As practicas son divertidas, e non son demasiadas, pero as clases de teoria son bastante aburridas. Basicamente explica como funcionan os programas que se usan nas practicas. A forma de puntuar é extraña, pois puntúa relativo ó resto da clase: se unha das practicas a ten moi mal todo o mundo e ti a tes normaliña, levas a máxima nota (unha A), a peor de todas leva unha E e o resto repartese as notas intermedias.
IU: Psssé, non fun moito á clase e tampouco lle dediquei demasiado tempo as praticas, asi que non teño moito que dicir. As clases son interesantes, pero o horario e chungo e son algo aburridas, así que...
TDS (Tratamento Dixital do Sinal): Moi interesante. É unha especie de continuación de MT, pero apréndese moito e as prácticas son levadeiras (contan o 70% e o exame optativo so o 30%). O profesor (Carlos Escudero) explica moi ben e non e fácil perderse na clase. Vai sobre tratamento de sinais, tanto audio como imaxes, as prácticas fanse en Matlab e normalmente teñen partes optativas, polo que cada un fai o que pode/quere.
ATF (Arquitecturas Tolerantes a Fallos): É de 2º ciclo. A profesora (Patricia) di que pretende vela máis como unha divulgación que como un análise a fondo, polo que é fácil de aprobar. Hai dúas "vías": clase obrigatoria (1 punto) + prácticas (3 pts) + traballo (3 pts)+ exame tipo test (3 pts) ou un exame final (10 puntos). Fala de codigos detectores/correctores de erros, redundancia hardware e software, modelado matematico de sistemas tolerantes a fallos... é interesante.