probeto escribió:Una duda con respecto a esta novedad de los trabajos:
¿la realización de los mismos es obligatoria? El hecho de que valgan 2 puntos o nada ya te hace pensar que el conseguir los 2 no es tan fácil. Si al menos se pudiese rascar algo...
Lo pregunto porque tengo entendido que dejó entrever que aquellos que no asistiesen regularmente a clase no tendrían derecho a optar a esos 2 puntos. Y por eso no me queda claro si estos trabajos son optativos entonces.
A realización dos traballos non é obrigatoria pero se non os fas estás perdendo 2 puntos na parte de teoría, xa que a parte de teoría son: 2 puntos os traballos, 3 puntos o examen. E tendo en conta que para aprobar hai que sacar nesta parte como mínimo 2 puntos, se non fas os traballos estarías obrigado a sacar 2 puntos sobre 3 no examen de teoría para aprobar, o cal non vexo moi factible. De feito o día da presentación a propia profesora dixo que este era un dos principales inconvenientes do novo método de avaliación, xa que, como nos traballos ou nos dan un 2 ou un 0, o que saque un 0, teria que sacar moi boa nota no exame para acadar o aprobado.
Con respecto a que os que non asistan a clase perden o dereito a eses 2 puntos, non o teño tan claro, eu creo que máis ben o dixo nun momento de enfado porque a xente non lle fixo o exercicio que mandou para a casa, pero non o sei. De feito o outro día el mesmo dixo que avisaramos á xente que non foi á clase para que fixeran o traballo.