De abaixo a arriba, órganos con representación do alumnado:
- Consellos de departamento: Cada departamento (na facultade están os de Matemáticas http://dm.udc.es/, Computación http://www.dc.fi.udc.es/, Electrónica http://www.des.udc.es/ e TIC http://www.tic.udc.es/) ten as súas áreas. A eles están adscritos os profesores, e no marco desas áreas de investigación investigan nas horas non docentes. O máximo órgano do Departamento é o Consello. Del sae a Comisión Permanente, que é unha representación do Consello para non ter que reunir a todo este para asuntos de tramite.
No Consello decídense cousas como convenios de colaboración entre empresas privadas e o Departamento, becas de colaboración do alumnado co Departamento, os Presupostos do Departamento, oferta de Másters e cursos de posgrao...
Exemplo de orde do día dun Consello de Departamento (do de Computación neste caso)1. Aprobación se procede da acta núm 141.
2. Informes da Sra. directora.
3. Asuntos de trámite.
4. Modificacións do P.O.D 2007/2008
5. Solicitude de autorización para contratos de investigación e cursos de formación ou especialización
6. Aprobación da transformación do porgrama de terceiro ciclo a Máster de investigación. Outros asuntos de terceiro ciclo.
7. Designación dos membros das Comisións da Facultade de Informática encargadas da transformación en graos dos titulos actuais.
8. P.O.D. 2008/2009
9. Rogos e preguntas. - Xunta de Facultade: é o máximo órgano de representación na Facultade. Nel, están representados profesores, persoal non docente e alumnos.
Da Xunta saen as Comisións de Docencia, Posgrao, Calidade, Normalización Lingüistica, Recursos Docentes e a Permanente, para liberar de parte do traballo á Xunta e masticar os un pouco os temas antes de levalos á ela. Pola Xunta de Facultade pasa practicamente todo, agás os temas triviais que se tratan na Comisión Permanente (do mesmo xeito que nos departamentos).
Exemplo de orde do día da Xunta de Facultade:1. Aprobación das actas das sesións anteriores (actas 99 e 100)
2. Informes do decano
3. Asuntos de trámite
4. Elección de membros do Tribunal de Compensación
5. Datas de actuación dos tribunais de PFC e adianto do peche de actas da convocatoria de xuño
6. Aprobación das propostas dos títulos de Máster Universitario
7. Suxestións e preguntas - Claustro: é o máximo órgano de representación da comunidade universitaria. Están representados alumnos, profesores e persoal non docente. Deste órgano sae o Consello de Goberno, que é onde se dirixe a Universidade, básicamente. Tamén sae a Comsión Electoral Central e aquelas outras Comisións que decida crear o Claustro para axilizar a súa labor. Regulamento do Claustro, http://www.udc.es/informacion/ga/lexisl ... austro.asp
Exemplo de orde do día dun claustro:1. Aprobación da acta
2. Informe do Reitor
3. Informe de liquidación orzamentaria
4. Liñas xerais de promoción anual
5. Varios
Formacións que se presentan:
- F.U.C.K.: Frente Unido Contra los Klingon. É a agrupación de alumnos con maior representación nestes momentos. Baséanse en ser apolíticos e que non dependen de ningunha organización fóra da FIC. Foron os que convertiron o San Pepe na fiestaza que é, entre outras cousas.
- Comités: Sucesora dos CAE/CAF, é a organización estudantil maioritaria en Galiza e a segunda por representación na FIC. Defenden unha Universidade pública, galega e de calidade. Mantiveron unha postura contraria a Bolonia nestes últimos anos. http://comitesfic.org http://comitesabertos.org
- IESGA: Iniciativa Estudantil Galega. É unha agrupación sen moita presencia na FIC (forma elegante de dicilo) pero que este ano voltan a presentarse os diferentes órganos. Defenden o proceso de Boloña e teñen certa tendencia a atribuirse logros de todos os representantes de alumnos. Non se posicionaron na manifestación do 19N por ser contra o Goberno. http://iesga.es/
- FIC.DotNETClub: Novo grupo que sae do club de fans da tecnoloxía .Net de Microsoft que existe na facultade. Non está moi claro cales son as súas propostas. Foron inducidos a presentarse por profesor do departamento de TIC.
- Independientes: Grupo variopinto no que se atopa xente que non se sinte representada polas outras organizacións, ou que foron abducidos inducidos a presentarse dende algúns departamentos da facultade.
Onde e como se vota?
Habilitaranse unha serie de urnas no hall do primeiro piso. E para votar metese a papeltas dentro dun sobre e levase a urna que corresponda ao teu apelido.
Engadir tamén, que QueGrande nin pertence nin se posiciona a favor ou en contra de ningunha organización. Somos unha Comunidade supra-política.
Unha vez explicado todo todiño, animarvos a que votedes o vindeiro 4 de Decembro, para deixar ben claro que o alumnado interésase polo seu propio futuro.

<---Sé que petó, pero me da pereza...